A CIG alerta de que é peor "o remedio que a enfermidade" na venda das plantas de Ferroatlántica en Cee e Dumbría

O sindicato nacionalista CIG asegurou que as plantas que Ferroatlántica ten nos municipio coruñeses de Cee e Dumbría "quedarían nunha situación peor" se se efectiviza a venda ao fondo norteamericano TPG Sixth Street Partners.

|

O sindicato nacionalista CIG asegurou que as plantas que Ferroatlántica ten nos municipio coruñeses de Cee e Dumbría "quedarían nunha situación peor" se se efectiviza a venda ao fondo norteamericano TPG Sixth Street Partners.


Traballadores Ferroatlántica


Protesta dos traballadores

Así o trasladou a organización sindical aos traballadores nunha asemblea celebrada en Cee para abordar a situación da empresa e da que a CIG informou nun comunicado.


A central nacionalista considera que de materializarse a venda estas fábricas quedarían fóra do grupo "funcionando como unha especie de subcontrata", xa que o "provedor e comprador exclusivo da produción seguiría a ser FerroGlobe".


"Estamos ante unha operación fraudulenta que supón unha segregación encuberta das centrais", considerou o portavoz da sección sindical, Alfonso Mouzo, que advirte de que o obxectivo de Villar Mir "seguen sendo a venda dos aproveitamentos hidroeléctricos para facer negocio con eles".


"A operación anunciada por Villar Mir segue a fórmula da presentada en 2017, pero de forma máis sofisticada para darlle a aparencia de legalidade", subliñou.


Ademais, indicou que a representación sindical dirixiuse ao suposto comprador para coñecer o seu proxecto industrial, unha resposta á que, segundo indicou, a resposta foi que "nada tiñan que falar" con eles xa que "aínda están en negociacións".


Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE