Atropelado por unha camión cando cambiaba unha roda na autovía

Un condutor dun turismo resultou ferido grave ao mediodía deste sábado tras ser atropelado por un camión cando cambiaba unha roda na autovía A-52 á altura de Allariz (Ourense).

|

Un condutor dun turismo resultou ferido grave ao mediodía deste sábado tras ser atropelado por un camión cando cambiaba unha roda na autovía A-52 á altura de Allariz (Ourense).


AMBULANCIAS061


Segundo informa o 112 Galicia, o accidente produciuse á altura do punto quilométrico 208 da A-52, na parroquia de Santa María de Meire. Varios particulares avisaron ao 112 Galicia de que o home saíra despedido a causa do impacto.


Ata o lugar enviouse a unha ambulancia do 061, que trasladou ao ferido a un centro hospitalario. Tamén foron avisados, entre outros, Garda Civil e bombeiros de Xinzo.


Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE