A Rapa das de Sabucedo quere ser un Ben de Interese Cultural Inmaterial
O Concello da Estrada e a Asociación Rapa das Bestas de Sabucedo destacaron este martes a súa intención de conseguir que esta tradición centenaria obteña a declaración de ben de interese cultural inmaterial.
Este reto foi lanzado polo presidente da asociación, Henrique Bazal, durante unha visita realizada ao curro xunto ao conselleiro de Cultura, Román Rodríguez, e o alcalde da Estrada, José López, entre outras autoridades.
Bazal destacou que a Rapa das Bestas de Sabucedo é unha "icona importante de Galicia" e manifestou o compromiso da entidade que preside en traballar para "que sexa unha celebración máis acorde cos tempos actuais".
Pola súa banda, o conselleiro erixiu este evento en "referente cultural" que une tradición con turismo e asegurou que se trata de "máis que unha festa". Así, destacou que supón unha demostración de respecto cara aos animais e o monte", unha "reunión interxeracional e interpoblacional" e unha "exaltación desta tradición ancestral".
Escribe o teu comentario