Condicións próximas ao esclavismo en 29 residencias para maiores, denuncian familiares e traballadores

Os seus traballadores dixeron hoxe basta tras anos de precariedade e recortes.Ddecenas das súas traballadoras hanse concetrado ante a delegación de la Xunta en Vigo durante tres horas  para denunciar a súa "precariedade". “En ocasións estas condicións aseméllanse a un réxime de esclavismo intolerable, con acoso laboral incluído, condicións que por deas graza aínda non foron erradicadas nas relacións laborais imperantes en pleno século XXI”, quéixanse a través dun comunicado remitido por UXT. As operarias argumentan que denunciaron á Xunta "recortes de dereitos laborais ou prácticas ilegais" en varias ocasións.


|

DomusVI é un dos maiores operadores de residencias para maiores en España. Só en teñen Galicia 29 residencias: 6 na provincia de Pontevedra, 13 na Coruña, 5 en Ourense, e outras 5 na provincia de Lugo. Os seus traballadores dixeron hoxe basta tras anos de precariedade e recortes.


Decenas das súas traballadoras concetráronse ante a delegación de la Xunta en Vigo durante tres horas  para denunciar a súa "precariedade". “En ocasións estas condicións aseméllanse a un réxime de esclavismo intolerable, con acoso laboral incluído, condicións que por deas graza aínda non foron erradicadas nas relacións laborais imperantes en pleno século XXI”, quéixanse a través dun comunicado remitido por UXT.


Domusvi protesta traballadoras


As operarias argumentan que denunciaron á Xunta "recortes de dereitos laborais ou prácticas ilegais" en varias ocasións. Vista a pasividade administrativa, denuncian a actitude “cómplice” de la Xunta de Galicia coas prácticas “esclavistas” do em porio DomusVi, cuxa sede social en España sitúase en Vigo.


As mobilizacións para reclamar o cumprimento do convenio do sector conta con o o respaldo das asociacións de familiareas ASFAREBA (Vigo) e VELLEZ DIGNA (Morrazo), e dos pensionistas englobados polo movemento MODEPEN.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE