Jesús Vázquez xa é senador en recompensa polo 'cambio de cromos' de Ourense


Como adiantou Galiciapress cara a dúas semanas semanas, o ex-alcalde de Ourense foi premiado tras tragarse o pacto de Manuel Baltar e Gonzalo Pérez Jácome. Despois de apoiar a investidura do líder de Democracia Ourensá -o seu gran azoute na pasada lexislatura-a cambio de que o baltarismo perpetúese na Deputación e os localistas renuncien a competir nas autonómicas, Vázquez xa é senador por designación autonómica.


|

Como adiantou Galiciapress cara a dúas semanas , o ex-alcalde de Ourense foi premiado tras tragarse o pacto de Manuel Baltar e Gonzalo Pérez Jácome. Despois de apoiar a investidura do líder de Democracia Ourensá -o seu gran azoute na pasada lexislatura- a cambio de que o baltarismo continúe na Deputación e que os localistas renuncien a competir nas autonómicas, Vázquez xa é senador por designación autonómica.


Feijoo jesus vazquez



OITO VOTOS EN BLANCO

Cumpriuse o guión previsto e o o Parlamento de Galicia nomeou a Jesús Vázquez, Elena Muñoz e José Manuel Sande como representantes da Autonomía na recentemente iniciada lexislatura da Cámara Alta.


A votación desenvolveuse nun pleno extraordinario celebrado no arranque da sesión que o Pazo do Hórreo acolle desde este martes. A única proposta elevada ante a Cámara recibiu 68 votos a favor e oito en branco.


O BNG ten seis deputados e non tiña opcións de influír na repartición de senadores, polo que é previsible que votase en branco. Non se sabe por agora de onde saíron estes sufraxios, ata sumar oito.


DE CONSELLEIROS, A CANDIDATOS, A SENADORES

Así, os exconselleiros e candidatos ás alcaldías de Vigo e Ourense nas últimas eleccións municipais, Elena Muñoz e Jesús Vázquez, respectivamente, convértense en senadores por designación autonómica a proposta do Partido Popular de Galicia, grupo maioritario na Cámara.


SANDE SAE CO APOIO DE PODEMOS E DOS CRÍTICOS CON VILLARES

Tamén será represenante da Comunidade galega na Cámara Alta o exconcelleiro de Culturas do Concello da Coruña José Manuel Sande, cuxa elección no seo do grupo de En Marea a proposta dos deputados críticos con Luís Villares foi o detonante que provocou a saída do ata agora portavoz e outros tres deputados ao grupo mixto.


MINUTO DE SILENCIO E NOVA DEPUTADA

Antes da votación, desenvolta en urna, gardouse un minuto de silencio en memoria do exdiputado socialista Raúl Fernández, falecido a pasada semana tras padecer unha enfermidade. Así mesmo, Jackeline Fernández fixo ingreso como deputada do PPdeG en substitución de César Fernández Gil, novo alcalde de Ribadavia (Ourense).


(HABERÁ AMPLIACIÓN)

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE