Traballador das obras do AVE ferido nun accidente nun dos túneles
Un traballador resultou ferido este luns nun accidente cun vehículo mentres traballaba nas obras do AVE no termo municipal de Vilar de Barrio (Ourense).
Un traballador resultou ferido este luns nun accidente cun vehículo mentres traballaba nas obras do AVE no termo municipal de Vilar de Barrio (Ourense).
Segundo informou o 112 Galicia, o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) tivo constancia do accidente laboral pasados uns minutos das 12,00 horas deste luns.
Os servizos sanitarios de urxencia comunicaron aos xestores de emerxencias 112 a saída do helicóptero medicalizado con base en Ourense cara ao lugar de Froufe, para un traballador ferido no túnel do AVE.
Ademais, o 112 Galicia puxo os feitos en coñecemento da Garda Civil, dos membros do GES de Laza e de Protección Civil da localidade.
Finalmente, o ferido, indicaron as mesmas fontes, foi evacuado nunha ambulancia de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 a un centro hospitalario.
Escribe o teu comentario