​Un crédito de 7.000 millóns para garantir as pensións españolas


O goberno de Pedro Sánchez valora a posibilidade de solicitar un crédito urxente para poder facer fronte ás pensións de xullo e a extra de verán. O problema xorde por mor da non aprobación dos Orzamentos Xerais do Estado, que condicionaron as partidas destinadas ás pensións e que agora se atopan nun limbo ao non poder asegurar o pago das mesmas. Agora, os socialistas buscan solucións para asumir ese desembolso antes de que finalice o mes.



|

O goberno de Pedro Sánchez valora a posibilidade de solicitar un crédito urxente para poder facer fronte ás pensións de xullo e a extra de verán.


Pensións



As arcas xerais están o bastante fracas para poder facer fronte ao pago das pensións, xa de seu exiguas, que reciben os pensionistas españois. Esa situación levou ao Goberno de España a valorar a posibilidade de pedir un crédito de 7.000 millóns de euros para poder facer fronte ao desembolso.


En concreto, este crédito urxente iría destinado ás pensións de xullo e a extra de verán. Nin os ingresos por cotizacións nin a alza da recadación son suficientes para pagar aos 9 millóns de pensionistas de España.


O problema está derivado, á súa vez, da non aprobación dos Orzamentos Xerais do Estado. Os orzamentos socialistas de Pedro Sánchez contemplaban un crédito superior aos 15.000 millóns de euros, pero ao prorrogar os orzamentos anteriores, a cantidade está por baixo dos 14.000 millóns.


Segue lendo a noticia en Catalunyapress.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE