O alcohólico magosto do novo alcalde de Ourense e outros vídeos virales de Jácome


O certo é que o líder de Democracia Ourensá leva lustros protagonizando imaxes curiosas. De feito, realizar unha recompilación delas non é fácil, dada a súa abundancia. O usuario de Twitter @DaniRCD_ resumiu moitas delas.


|

Gonzalo Pérez Jácome xa protagonizou a súa primeira polémica como alcalde de Ourense. O primeiro día laborable no cargo, non só propuxo cambiar as festas locais de data, senón tamén foi multado pola súa propia Policía Local por aparcamento indebido á beira do Concello.



Jacome vídeos magosto bebedeira




O certo é que o líder de Democracia Ourensá leva lustros protagonizando imaxes curiosas. De feito, realizar unha recompilación delas non é fácil, dada a súa abundancia. O usuario de Twitter @DaniRCD_ resumiu moitas delas.


A máis famosa sen dúbida é o debate do Magosto 2008 en Auria TV, a súa televisión local que leva anos emitindo sen licenza. Jácome e os seus acólitos, algún tamén destacado militante de DO, debaten, como é habitual, do divino e o humano, sobre todo do baltarismo, o seu archienemigo ata que o axudou a alcanzar a alcaldía. O curioso do asunto é que o fan bebéndose en directo numerosas botellas con alcol diante dos telespectadores. 


Os interlocutores empezan a mostrar síntomas de embriaguez  e o momento álxido chega cando Jácome lanza un "Collóns!" mentres tenta calar a un compañeiro que se cambalea mentres lle pon outro vaso de viño, en plena xolda etílica:




A metraxe completa deste programa de Auria TV, de longo un dos episodios máis bizarros do audiovisual galego, pódese ver na canle de Youtube do usuario soutov:




Arremeter contra Baltar era, ata que o venres asinou o 'cambio de cromos' polo que se repartiron Concello e Deputación,  leiv motiv das súas intervencións.  Por exemplo, nun Pleno da Deputación de Ourense fíxose un selfie no estrado de oradores diante do presidente provincial para criticar a febre viaxeira do líder conservador. 




Un Manuel Baltar que por certo recibiu este e outros virulentos ataques en público con cara de póker. Quizán porque xa na lexislatura pasada cheirábase que o seu pai, como tantas outras veces, podía ter razón ao final. Hai moitos anos, o entón presidente da Deputación, Xosé Luís Baltar, prevía un pacto PP con Democracia Ourensá. Foi nunha típica romaría do PP de Ourense, ante a cara de sorpresa de Alberto Nuñez Feijóo e deleite de Jácome:



Nesta campaña Jácome tamén protagonizou momentos singulares. Empeñado en construír un "Centro de Investigación de Intelixencia Artificial" en Ourense, presentou o primeiro androide electoral de España, un robot de medio metro que se paseaba polas rúas reclamando, ademais de desaloxar a Baltar, construír un centro acuático na capital das Burgas. DO convocou aos medios a unha rolda de prensa do robot. Velaquí a súa intervención:



Tamén foi peculiar o seu vídeo de peche desta campaña. Realizouno diante dun cartel de Baltar reclamando precisamente o voto para botalo do poder. Semanas despois aliábanse os dous para repartirse o poder:

:



Vídeo no que de fondo intúese, por certo, unha versión de celébre YMCA dos Village People. "Vota DOOOO..." dicía o retrouso da canción electoral, que xa non se pode atopar na rede, pois foi deshabilitada por infrinxir presuntamente dereitos de autor. Ao parecer a ninguén se lle ocorreu que había que pedir permiso para usar unha das pezas máis famosas da historia do pop, claro que DO leva anos crecendo en parte grazas a unha televisión que emite sen licenza.


Está por ver se o activista implacable contra o caciquismo mantén o seu pulso agora que pisa moqueta. Hoxe  estreouse cunha multa por aparcar mal da súa propia Policía. Para o recordo quedan xa momentos impagables como este, como cando, ante as cámaras da súa Auria TV, puxo o seu corpo diante do coche particular dun axente de policía local que aparcara mal e pretendía marcharse.



Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE