A Fiscalía investiga ao concello de Touro por un posible delito de “malversación de fondos e contra o medio ambiente” segundo Aldea Viva
A Fiscalía abriu investigacións ao redor da denuncia presentada por Aldea Viva contra o concello de Touro por posibles delitos de “malversación de fondos e contra o medio ambiente”. Sobre o alcalde Ignacio Codesido e sobre o concelleiro de obras Jesús Martínez Pereira recae agora unha denuncia por “posible comisión de delito de fraude contra a Administración Pública”, afirma o comunicado de Aldea Viva.
A Fiscalía abriu investigacións ao redor da denuncia presentada por Aldea Viva contra o concello de Touro por posibles delitos de “malversación de fondos e contra o medio ambiente”.
Sobre o alcalde Ignacio Codesido e sobre o concelleiro de obras Jesús Martínez Pereira recae agora unha denuncia por “posible comisión de delito de fraude contra a Administración Pública”, afirma o comunicado de Aldea Viva.
O alcalde de Touro (centro) e o concelleiro de obras (dereita)
A causa remóntase a unha denuncia presentada pola plataforma no mes de febreiro deste ano, cuando fixeron público que o concello de Touro estaba a utilizar as cunetas dunha pista municipal como vertedoiro para deixar alí os residuos dunha obra, actuación recoñecida segundo a plataforma polo alcalde da localidade, Ignacio Codesido.
Residuos que, doutra banda, desde Aldea Viva sinalaban que eran “altamente contaminantes”. Á luz dos acontecementos, desde a plataforma pediron a dimisión do concelleiro delegado de obras, Jesús Martínez Pereira.
ESTIRADOS E TAPADOS CON TERRA
O que finalmente motivou a denuncia de Aldea Viva ante a fiscalía foi o feito de que, despois de advertir ao goberno local da situación dos entullos a través dunha nota, a actuación da administración de Touro foi tapar os residuos con terra no canto de retiralos da cuneta. “Estiráronos ben cunha pa e tapalos con terra”, lamentan desde Aldea Viva.
Os cascotes tapados con terra
“No contrato da obra aparecía unha partida para o traslado e tratamento de residuos nunha entulleira autorizada. Pero se eses residuos non son tratados debidamente e acaban nunha cuneta non se xustifica esa partida”, recalcan desde Aldea Viva, argumentando que a incerteza ao redor de onde foi a parar ese diñeiro é a que levou á plataforma para denunciar ao goberno de Touro por “malversación de fondos”.
MÁIS DOCUMENTCIÓN
Agora o fiscal requiriu ás entidades implicadas “toda a documentación con respecto á obra”, aínda que desde Aldea Viva matizan que descoñecen se o concello de Touro respondeu xa á petición da fiscalía.
Escribe o teu comentario