A Fiscalía abriu investigacións ao redor da denuncia presentada por Aldea Viva contra o concello de Touro por posibles delitos de “malversación de fondos e contra o medio ambiente”. Sobre o alcalde Ignacio Codesido e sobre o concelleiro de obras Jesús Martínez Pereira recae agora unha denuncia por “posible comisión de delito de fraude contra a Administración Pública”, afirma o comunicado de Aldea Viva.
Os veciños, preocupados pola situación, teñen que buscar información relativa á mina por conta propia.