A retranca dun cura contra os móbiles: "Se queres ver a Deus, mándalle un WhatsApp mentres conduces"

Se queres ver a Deus, mándalle un Whatsapp mentres conduces”, reza a advertencia colocada polo párroco Xosé Manuel Lence, que se converteu en viral tras ser publicada por 'A Boa Celeste' en Twitter.


|

Na parroquia de San Pedro de Ramallosa, en Nigrán, non se andan con reparos para lembrarlles aos fregueses que no templo hai que apagar os teléfonos. Un cartel na entrada soborda retranca e, de paso, lanza unha seria advertencia sobre o uso do teléfono ao volante:


Cartel prohibido moviles telefonos parroquia nigran ramallosa




“Ao entrares nesta Igrexa, é posíbel que escoites a ‘chamada de Deus’, pero non é nada probábel que che chame hoxe ao móbil. Grazas por apagar ou teu teléfono. Se queres falar con Deus, entra, escolle un lugar tranquilo e fala co. Se queres ver a Deus, mándalle un Whatsapp mentres conduces”, reza a advertencia colocada polo párroco Xosé Manuel Lence, que se converteu en viral tras ser publicada por 'A Boa Celeste' en Twitter.





1 Comentarios

1

Boa aplicación para falar con Deus. Si señor.

escrito por Baixarapp 31/Xul/19    13:24 h.

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE