Nadal arrasa a Federer e volve á final do Roland Garros

En tan só dúas horas e media de partido, Nadal tivo suficiente para bater a Federer no seu 39 duelo entre ambos.


|

A vitoria do tenista español, Rafael Nadal, ante Roger Federer (6-3, 6-4 e 6-2) nas semifinais de Roland Garros, dálle acceso ao mallorquino a conquistas o seu segundo 'Grand Slam' da tempada e o seu duodécimo título da competición.


Nadal vs Federer


En tan só dúas horas e media de partido, Nadal tivo suficiente para bater a Federer no seu 39 duelo entre ambos. O de Manacor foi efectivo e non deu opción ao suízo en ningún dos tres sets que tivo o encontro.


O rei da terra batida non fallou, a pesar de que o vento se presentou en París nun encontro no que Federer estivo a remolque do español, que non falla neste tipo de ocasións. Ademais, non se enfrontaban neste escenario desde a final de 2011. 


Tras o primeiro set, Federer fixo un simulacro de reaccionar e adiantouse 2-0, pero a vantaxe duroulle pouco e acabou perdendo a segunda manga por 6-4, algo que, sen dúbida, minguou a moral do de Basilea.


Deste xeito, Nadal, que co pleno de sets ante Federer gaña unha importante inxección de moral, espera rival na final do Roland Garros que se decidirá do cruzamento entre Novak Djokovic e Dominic Thiem.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE