As 'gaiteiras' do Centro Galego de Barcelona levan a música de Galicia ao Primeira Sound
O grupo de 'gaiteiras' do Centro Galego de Barcelona levará a música de Galicia este venres, día 31 de maio, ao Festival Primavera Sound de Barcelona.
O grupo participará neste festival grazas ao acordo asinado este xoves polo presidente da entidade, Carlos Mandianes, coa organización deste evento que o ano pasado contou con 215.000 asistentes.
Case 300 artistas ofrecerán un total de 331 actuacións ata o próximo 2 de xuño no Primavera Sound, que se celebra desde 2001 en Barcelona e que se converteu nun referente como festival urbano.
A agrupación de 'gaiteiras' do Centro Gelego de Barcelona, formada por catro mulleres, contribuirá coa súa actuación para consolidar a aposta do festival polo protagonismo feminino, que este ano se traduce en que elas ocupan máis da metade do programa de concertos.
Escribe o teu comentario