Detidos o futbolista galego Borja Fernández e o deportivista Iñigo López
Entre os detidos tamén se encuentan o excentral do Real Madrid Raúl Bravo, presunto xefe da organización, e o futbolista Samu Saiz, que milita actualmente no Xetafe. As investigacións sobre os presuntos amaños afectarían os partidos das últimas xornadas da tempada que acaba de finalizar.
Entre os detidos tamén se atopan o excentral do Real Madrid Raúl Bravo, presunto xefe da organización, e o futbolista Samu Saiz, que milita actualmente no Xetafe. As investigacións sobre os presuntos amaños afectarían os partidos das últimas xornadas da tempada que acaba de finalizar.
Borja Fernández, o día que anunciou a súa retirada
Terremoto no fútbol profesional español, deses que sacode o deporte ata os seus cimentos e que mesmo pode facer que caia. Esta mañá coñecéronse as detencións de varios xogadores e exjugadores de Primeira e Segunda División. Entre os arrestados atópanse Borja Fernández, futbolista galego que fai menos de quince días xogou o seu último partido como profesional vestindo a camiseta do Real Valladolid, e Iñigo López, que actualmente pertence á disciplina do Deportivo da Coruña e que en 2014 vestiu a camiseta do Celta de Vigo.
As detencións débense á implicación dos arrestados nunha suposta organización criminal dedicada ao amaño de partidos de fútbol a través das apostas deportivas, segundo a información facilitada pola Policía Nacional, a cargo da operación.
Ademais dos futbolistas anteriormente citados, tamén foron arrestados o excentral do Real Madrid, Raúl Bravo, retirado en 2017 e presuntamente o xefe da organización, o tamén exfutbolista malagueño Carlos Aranda, famoso por militar en máis dunha decena de clubs de Primeira e Segunda, o presidente da Sociedade Deportiva Huesca, Agustín Lasaosa, e Juan Carlos Galindo Lanuza, xefe do equipo médico do club aragonés. Tanto Borja Fernández como Raúl Bravo e Aranda coincidiron nas categorías inferiores do Real Madrid.
Mención especial tamén merece Samu Saiz. O xogador do Getafe é ata agora o futbolista máis novo de entre os detidos, ainda que dende o seu club aseguran que se atopa de vacicións. O pasado xaneiro regresou a España despois do seu paso polo Leeds United inglés. Antes, militara no Huesca, onde coincidiu con varios detidos.
A todos os detidos impútaselles pertenza a organización criminal, corrupción entre particulares e branqueo de capitais. A investigación desenvolveuna a Unidade de Delincuencia Especializada e Violenta (UDEV) e estase centrando nas últimas xornadas da tempada que acaba de finalizar.
Ata o momento non transcendeu se hai máis futbolistas ou personalidades do mundo do fútbol implicadas.
COMUNICADOS
Ante estes feitos, o Real Valladolid, equipo ao que pertencía o futbolista galego, emitiu un comunicado no que "rexeita calquera tipo de conduta ou comportamentos fraudulentos, denunciando a corrupción entre particulares, o branqueo de capitais, as organizacións criminais ou calquera tipo de condutas que orixinen ou poidan chegar a orixinar a distorsión e corrupción de calquera competición deportiva, manifestando a necesidade de que estas condutas sexan denunciadas, perseguidas e investigadas polos Tribunais, tendo como última instancia a defensa dos dereitos das persoas e institucións".
"Así mesmo, o Real Valladolid C. F., S.A.D. traballa en estreita colaboración coa liga de Fútbol Profesional e coas Forzas e Corpos de Seguridade do Estado para erradicar calquera tipo de conduta contraria ao ordenamento xurídico, dispoñendo no seo da súa organización dos controis e medidas de seguridade interna de investigación para a eliminación e denuncia de calquera tipo de conduta punible", anuncia a nota, onde reitera o "compromiso" do club para colaborar nas investigacións.
Pola súa banda, A Liga de Fútbol Profesional tamén emitiu un comunicado no que pon en valor ao "extraordinario labor" das Forzas e Corpos de Seguridade ao cargo da operación. Ademais, cita expresamente o partido que enfronto á SD Huesca e ao Gimnàstic de Tarragona, da tempada 17/18, como un dos partidos investigados e denunciados pola LFP, ademais doutras nove denuncias presentadas este curso.
O Deportivo da Coruña, club ao que pertence o detido Iñigo López, que xogou no Huesca durante a tempada 2017-2018, non se pronunciou polo momento.
Escribe o teu comentario