Detidos varios galegos por explotar a mozos futbolistas
Prometíanlles unha fichaxe por un equipo punteiro pero acababan en Verín nun piso frío, sen comida e sen contrato. Este é o suposto modus operandi de tres ourensáns para explotar a deportistas de México, Arxentina, Colombia, Venezuela e Senegal.
Prometíanlles unha fichaxe por un equipo punteiro pero acababan en Verín nun piso frío, sen comida e sen contrato. Este é o suposto modus operandi de tres ourensáns para explotar a deportistas de México, Arxentina, Colombia, Venezuela e Senegal.
Segundo La Voz, dúas dos detidos serían Alberto González Atanes, expresidente do Ourense, e Feliciano Romeu Medeiros, presidente do Monterrerei CF e profesional da radio local.
Unha aliñación do Monterrei CF
Axentes da Policía Nacional detiveron a tres homes naturais de Ourense, de 46, 50 e 69 anos, como presuntos autores de falsificación documental, favorecemiento da inmigración ilegal e pertenza a grupo criminal.
Os arrestados na xornada deste martes enganaban a novos futbolistas estranxeiros nos seus países de orixe e ofrecíanlles xogar en equipos de fútbol da liga española, segundo informa a Policía Nacional nun comunicado de prensa.
PASANDO FAME E FRÍO
Unha vez en España, eran empregados "en condicións de fame negra" e utilizados polos arrestados para o seu lucro económico. A investigación comezou o 4 de maio cando un home acudiu á comisaría de Verín para presentar unha denuncia na que manifestou que chegara a España por unha oferta para xogar nun equipo de fútbol.
Segundo a denuncia, ofrecéranlle traballo, aloxamento e manutención, pero era el o que debía pagarse o transporte. Ao chegar a España, decatouse de que a oferta era un engano.
Así, indicóuselle que debía desprazarse a Verín, onde lle informaron das condicións reais da oferta e diminuíu o soldo inicialmente ofrecido. Ademais, non se lle facilitou contrato de traballo.
"Trasladáronlle a un piso onde se atopou con outros mozos no seu mesma situación, sen ningún medio, pasando fame e frío", segundo o relato da Policía.
FALSIFICACIÓN DE DOCUMENTOS
As persoas que lle atenderon informáronlle do que tiña que facer para obter a documentación española de forma irregular, o que lles permitiría darlle un contrato de traballo e facilitaríalle poder xogar noutros clubs.
Fixéronlle asinar un contrato de representación e cesión de dereitos de imaxe por cinco anos. Igualmente, segundo manifestou a vítima, propuxéronlle casar cunha española para conseguir a nacionalidade.
SETE MOZOS LOCALIZADOS
Iniciada a investigación por estes feitos, a Policía conseguiu identificar a tres responsables da trama, así como a sete novos que foran traídos a España nas mesmas condicións, para xogar nun club deportivo e atopábanse aloxados no mesmo piso desa localidade.
Posteriormente identificouse a outros dous mozos que xogaban noutros equipos e que chegaran a España polo mesmo procedemento. Os mozos procedían de México, Arxentina, Colombia, Venezuela e Senegal.
Os investigadores concluíron que se trataba dun grupo criminal dedicado a traer a mozos dos seus países de orixe mediante engano e falsas promesas, dicíndolles que ían ser xogadores de equipos da liga española de fútbol, para unha vez en España controlalos na localidade de Verín e así lograr un enriquecemento ilícito coa súa actividade deportiva, beneficiándose dun equipo de fútbol con maior calidade.
Os membros do grupo aleccionaban aos mozos sobre como eludir o control en fronteira e realizaban a falsificación de documentación para residir.
ENRIQUECEMENTO ILÍCITO
A finalidade deste grupo criminal é a do lucro económico e deportivo ao lograr un enriquecemento ilícito coa actividade deportiva dos xogadores captados.
Segundo a Policía, por unha banda a trama beneficiábase dun equipo de fútbol de maior calidade deportiva, o que facilitaría a entrada de financiamento a través de novos patrocinadores, e por outra banda, dun posible lucro futuro coa firma de contratos de representación e cesión de dereitos económicos e de imaxe ante a posibilidade de que algún dos xogadores chegase a fichar por equipos profesionais de fútbol.
Por todo iso, procedeuse á detención de tres persoas, dúas en Verín e unha en Madrid, como presuntos autores dos delitos de favorecimiento á inmigración ilegal, falsificación documental e pertenza a grupo criminal.
Escribe o teu comentario