Colisión múltiple nunha autovía deixa un morto e varios feridos

Unha persoa faleceu e outras tres resultaron feridas nun accidente de tráfico cuns cinco vehículos implicados na autoestrada AG-55 ao seu paso polo termo municipal de Arteixo (A Coruña).

|

Unha persoa faleceu e outras tres resultaron feridas nun accidente de tráfico cuns cinco vehículos implicados na autoestrada AG-55 ao seu paso polo termo municipal de Arteixo (A Coruña).


O 061 atendeu a 66 persoas debido a 54 accidentes de tráfico en Galicia durante a ponte das Letras Galegas




A persoa falecida no accidente múltiple ocorrido este luns foi atropelada tras baixar do seu vehículo a auxiliar a outro que se saíu da vía na AG-55. A Garda Civil indicou que posiblemente nese momento a visibilidade era reducida pola presenza de néboa e engadiron que dous vehículos chocaron por alcance cos anteriores.







Segundo os datos facilitados polo 112 Galicia e a Garda Civil de Tráfico, o sinistro tivo lugar sobre as 7,00 horas deste luns no quilómetro 18 da AG-55, a un quilómetro da saída de Paiosaco, sentido A Coruña.


Foron varios os condutores que, sobre ás 7,00 horas, contactaron co 112 Galicia para avisar dun accidente entre cinco vehículos e cunha persoa posiblemente atrapada debaixo dun dos turismos.


Por iso, o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia (CIAE) 112 Galicia solicitou de inmediato a colaboración dos Bombeiros de Arteixo e de Carballo. Tamén, acudiron ata ao lugar os servizos sanitarios de urxencia e a Garda Civil de Tráfico, así como, axentes da Policía Local e de Protección Civil da localidade.


TRASLADO DE FERIDOS

O 061 confirmou o falecemento no lugar dunha persoa, mentres que unha ambulancia asistencial levou ao Hospital Quirón Santa Teresa a unha muller de 42 anos, M.P.C., e a unha menor; e outra ambulancia trasladou ao Hospital A Coruña a un mozo de 26 anos, A.S.S., confirmaron a Europa Press fontes sanitarias.


Ademais, foi necesaria a mobilización do persoal do servizo de mantemento da autoestrada para a limpeza da vía polos danos rexistrados.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE