Premio internacional para os voluntarios que arrincan eucaliptos en Galicia
El Lush Spring Prize es una iniciativa internacional que reparte más de 220.000 euros en premios entre iniciativas que recuperan ecosistemas dañados. La asociación Verdegaia es uno de los once ganadores de la última edición por el trabajo de las brigadas deseucaliptizadoras.
O Lush Spring Prize é unha iniciativa internacional que reparte máis de 220.000 euros en premios entre iniciativas que recuperan ecosistemas danados. A asociación Verdegaia é un dos once gañadores da última edición polo traballo das brigadas deseucaliptizadoras.
Representantes do grupo ecoloxista galego recolleron o premio esta semana nunha cerimonia en Londres. O ano pasado Verdegaia empezou a organizar grupos de voluntarios para arrincar eucaliptos, acacias e outras especies invasoras dos montes galegos.
Impulsada pola preocupación ante as continuas ondas de incendios, a iniciativa creceu e xa son centos os voluntarios que colaboraron, e máis de 200.000 exemplares arrincados. Verdegaia colabora en Cousa de Raíces, iniciativa común doutros grupos ecoloxistas e universidades, tamén para combater o polémico eucalipto.
"Agora, toca seguir traballando", lembran desde Verdegaia. E é que o próximo día 8 está convocada unha nova xornada deseucaliptizadora, con brigadas en varios municipios de Galicia
Escribe o teu comentario