Un "supergrupo" de golfiños nas costas galegas, preto de Ons (Vídeo)
"Un supergrupo de golfiños mulares de máis de 150 exemplares varias millas fóra da illa de Ons". Así describe o Bottlenose Dolphin Research Institute (BDRI) o sorprendete avistamento de golfiños mariños esta semana fronte ás costas de Galicia.
"Un supergrupo de golfiños mulares de máis de 150 exemplares varias millas fóra da illa de Ons". Así describe o Bottlenose Dolphin Research Institute (BDRI) o sorprendente avistamento de mamíferos mariños esta semana fronte ás costas de Galicia.
Sorprendente porque aínda que estes golfiños non son raros nas augas galegas, si que é moi pouco habitual coincidir cun grupo tan numeroso. Habitualmente, os golfiños mulares nas rías adoitan moverse en grupos moito máis pequenos; de pouco máis dunha ducia, como máximo.
Os grupos de maior tamaño adoitan proceder de poboacións que viven máis mar dentro e que, ás veces, achéganse á costa atraídos pola abundancia de peixes cos que alimentarse.
Escribe o teu comentario