​Alugan unha avioneta para presentarse ás oposicións de en enfermería en Madrid e Galicia o mesmo día

Catro opositores galegos tomaron a decisión de investir o seu diñeiro en alugar unha avioneta para ter máis oportunidades á hora de atopar a estabilidade laboral.


|

Catro opositores galegos tomaron a decisión de investir o seu diñeiro en alugar unha avioneta para ter máis oportunidades á hora de atopar a estabilidade laboral.


A enfermería

Protestas nas oposicións de Silleda


A precariedade da enfermería galega está polos ceos. Literalmente. A crise da sanidade galega e a situación de moitos profesionais de enfermería da comunidade levou a catro aspirantes a unha das 830 prazas de enfermería que onte se puxeron en xogo en Silleda a tomar unha decisión drástica: alugar unha avioneta para poder presentarse tamén ás oposicións de Madrid.


E é que onte na capital tamén se celebraron oposicións para enfermería, como noutras once comunidades autónomas ademais de Galicia e Madrid. A inestabilidade no sector levou a catro ourensáns a dobrar a súa aposta por conseguir o emprego polo que tanto pelexaron.


Desta forma, alugaron unha avioneta para poder facer os exames en Madrid pola mañá e chegar a tempo a Silleda para o exame de pola tarde, marcado polas protestas e a cor negra que luciron moitos aspirantes. As oportunidades multiplícanse exponencialmente para estes catro pioneiros, xa que en Madrid ofertáronse preto de 5.000 prazas, mentres que as do SERGAS non chega ao milleiro.


Mercedes Gómez, unha das enfermeiras que se embarcou nesta aventura a contrarreloxo, declarou en Faro de Vigo que, despois de 18 anos de experiencia pero sen praza fixa, “merecía a pena tentalo”. “Considerámolo un investimento. Vimos que era posible e factible”, asegura Mercedes. Agora, se enfronta a máis de 8.000 rivais en Galicia e 30.000 en Madrid que perseguen o seu mesmo obxectivo. Oxalá que o seu esforzo, como o de tantísimos profesionais de enfermería, teña recompensa. 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE