O profesor da USC detido por violencia machista chamou el mesmo ao 112 “para non pegarlle máis”
O propio Luciano Méndez, famosos polos seus vídeos criticando á victima de ‘A Manda’, foi o que avisou á policía.
O propio Luciano Méndez, famosos polos seus vídeos criticando á victima de ‘A Manda’, foi o que avisou á policía.
Luciano Méndez é un dos profesores máis coñecidos da Universidade de Santiago de Compostela, para desconsuelo da mesma. Famosos polos seus vídeos criticando á victima de ‘A Manda’ e por estar envolto en polémicas relacionas con comentarios machistas cara ás súas alumnas, Luciano Méndez foi detido o pasado luns pola Garda Civil en Teo tras un presunto altercado de violencia machista.
O docente provocou o seu propio arresto ao ser el o que chamou ao 112 para que, segundo as súas palabras, acougasen á muller coa que se atopaba á que losqueou nun par de ocasións “para acougala” e solicitaba a alguén para “non pegarlle máis”.
A chamada activou un protocolo de violencia machista, o que levou á benemérita a presentarse no domicilio. Con todo, as intencións do educador era que o 112 enviase a un profesional médico para que acougase á muller.
A muller rexeitou presentar unha denuncia formal contra Méndez e pediu o arquivo das dilixencias, mentres que o profesor, que non se opuxo á súa detención, pasou a noite no calabozo e pola mañá foi sometido a un xuízo rápido nos xulgados de Santiago despois de que a Fiscalía actuase de oficio contra o docente da USC.
Escribe o teu comentario