As compañeiras da alumna criticada polo traballador público xa non terán que ir, como planeaban, todas con escote á clase do venres. Visto a reiteración das polémicas de Méndez, a USC decidiu apartalo, por agora, da docencia. Algo que non intimida ao polémico profesor. "Non dou clases a mulleres en topless, dáme igual que me mande o reitor ou Cristo bendito", declara.
Galiciapress fala con C.C.C., a alumna á que Luciano Méndez mandou onte á última fila da aula porque non podía estar diante “co escote que levaba”. A afectada, que sinala que Méndez mesmo insinuou que ela se vestiu así “para provocalo”, di ter “medo” de asistir a máis clases súas. “Sabía del as cousas máis soadas, como o de ‘A Manda’, a violencia machista, que agrediu á policía…pero non sabía nada da súa obsesión polos escotes”, afirma.
O propio Luciano Méndez, famosos polos seus vídeos criticando á victima de ‘A Manda’, foi o que avisou á policía.
Luciano Méndez, o polémico profesor da Universidade de Santiago, volve ser protagonista. Esta vez por pegarlle a dous axentes da Policía Nacional tras aparcar onde non podía. Como influirá na súa carreira? Sobre el pende un expediente da USC tras menosprezar á vítima de La Manada e o novo reitor prometeu estes días, nunha entrevista con Galiciapress, man dura contra el.
A USC abriu na mañá deste venres un expediente informativo ao profesor da Facultade de Ciencias Económicas Luciano Méndez Naya, en relación a uns vídeos colgados en redes sociais con cuestionamientos cara á vítima de 'a Manada' e analiza o caso por se fose necesario remitilo a Fiscalía.
Luciano Méndez , o profesor que confesa desconcentrarse polos escotes das alumnas, pide a absolución porque a "tipa", a vítima, "sabía o que había". A Universidade de Santiago promete tomar medidas contra el.