O profesor universitario a favor da 'Manada' fere a dous policías

Luciano Méndez, o polémico profesor da Universidade de Santiago, volve ser protagonista. Esta vez por pegarlle a dous axentes da Policía Nacional tras aparcar onde non podía. Como influirá na súa carreira? Sobre el pende un expediente da USC tras menosprezar á vítima de La Manada e o novo reitor prometeu estes días, nunha entrevista con Galiciapress, man dura contra el.


|

Luciano Méndez, o polémico profesor da Universidade de Santiago, volve ser protagonista. Esta vez por pegarlle a dous axentes da Policía Nacional tras aparcar onde non podía. Como influirá na súa carreira? Sobre el pende un expediente da USC tras menosprezar á vítima da Manada e o novo reitor prometeu estes días, nunha entrevista con Galiciapress, man dura contra el.


Luciano mendez


O profesor da Universidade de Santiago de Compostela (USC) Luciano Méndez Naya, coñecido por unha serie de vídeos colgados en redes sociais nos que apoia a 'La Manada' e critica á vítima, foi detido tras agredir a dous axentes da Policía Nacional nun altercado.


Así o confirmaron a Europa Press fontes próximas á investigación, que relataron que os feitos tiveron lugar na contorna da Comisaría da Policía Nacional de Santiago.


Supostamente o altercado produciuse en relación co vehículo do profesor cando un policía foi advertir de que non se podía aparcar na zona da comisaría e que os mandos a distancia dos vehículos non funcionan polo inhibidor.


Méndez Naya foi detido pola Policía Nacional tras agredir a dous axentes deste corpo policial, que resultaron feridos, confirmaron as mesmas fontes.


NOVO VÍDEO

A pasada semana Luciano Méndez Naya reafirmouse nas súas declaracións anteriores de apoio a 'La Manada': "A min non me dá un tirón de orellas ninguén. Eu teño a razón". 


Deste xeito, nun novo vídeo colgado en redes sociais, fixo referencia ao expediente informativo aberto pola USC e que a institución remitiu a Fiscalía para pescudar se das súas declaracións poden derivarse actuacións penais. Con todo, non se impuxo ao docente ningunha sanción, xa que as consideracións foron feitas nun marco privado.


Do mesmo xeito, volveu reafirmar o seu apoio a 'La manada' e cargou contra a vítima. "Négome a chamala vítima", di no vídeo, no que asegura que non ten "nada de machista" nin vai "contra a dignidade das mulleres".


"TIPA QUE ÍA BUSCANDO MARCHA"

"Eu teño empatía con todas esas mulleres que foron violadas e son violadas a diario", dixo o docente, para quen esas mulleres teñen que comparar a súa situación coa de "esta 'tipa', que ía buscando marcha, e resulta que agora ten a toda esa masa defendendo as súas posturas".


"A lóxica dinos que o que pasou foi unha relación consentida", asegura Luciano Méndez, que considera que detrás da polémica está o feito de que "a sociedade española non pode aceptar que unha moza de 18 anos, para buscar emocións fortes, decida deitarse con cinco tipos".



Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE