Traballadores públicos manifestaranse pola "paralización inmediata dos falsos procesos de estabilización"


Varios sindicatos, colectivos, asociacións e grupos de traballadores convocan unha mobilización en contra do abuso das contratacións temporais e en fraude de lei por parte das administracións. Será o próximo 11 de maio ás 12 horas na Alameda.


|

Varios sindicatos, colectivos, asociacións e grupos de traballadores convocan unha mobilización en contra do abuso das contratacións temporais e en fraude de lei por parte das administracións. Será o próximo 11 de maio ás 12 horas na Alameda.



Trabajadoresprecariosobradoiro

Unha pasada protesta de traballadores precarios


Unha convocatoria que secundan, entre outros, sindicatos como a CNT ,CXT, Usdg-Cut Unión Sindical de Docentes de Galicia  ou o Sindicato de Comisións de Base (COBAS) e colectivos como os traballadores temporais do Consorcio Galego de Igualdade e a  Asociación de Profesores de Música e Artes Escénicas de Galicia.


A súa primeira reivindicación é a "paralización inmediata dos falsos procesos de estabilización", sen prexuízo da continuidade da oferta de prazas ordinarias.  Reinvidicación que se produce cando a Xunta ten en marcha un importante proceso de funcionarización do seu persoal non funcionario.


A "estabilización mediante regularización administrativa" dos traballadores públicos que sofren abusos de contrato temporais, que a miúdo acaban en contratos en fraude de lei, e a reversión das privatizacións son outras das súas demandas.



Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE