Peche en Citroën PSA Vigo contra a sobrecarga de traballo e a inseguridade laboral

A empresa apela ao "diálogo social" para xestionar os cambios e melloras no sistema 2

|

Representantes de tres sindicatos encérranse na sede a empresa, mobilización que non secunda a central máis votada (Sindicato Independente de Traballadores) mentres a empresa promete diálogo



Os responsables dos sindicatos CC.OO., UXT e CIG no comité de empresa de PSA Peugeot Citroën en Vigo encerráronse este luns no edificio de oficinas da planta, en protesta polas condicións na liña de montaxe M2, onde os operarios sofren as consecuencias da sobrecarga de traballo.


Delegados de CC.OO., UXT e CIG encérranse en PSA Vigo para esixir solucións á sobrecarga na liña de montaxe
Así o trasladaron fontes sindicais, que tamén indicaron que o peche, na terceira planta do edificio coñecido como 'casa branca', manterase "ata que a empresa ofreza solucións".

Estes sindicatos, así como o sindicato CUT, denunciaron reiteradamente a sobrecarga de traballo nesta liña de montaxe, e o incumprimento das normas de seguridade laboral, con operarios afectados de problemas físicos e psicolóxicos por esas presións.

VERSIÓN DA EMPRESA
Pola súa banda, fontes da dirección da fábrica consultadas por Europa Press expresaron a súa sorpresa por esta medida de protesta, xa que "na empresa mantense un diálogo aberto de forma permanente e con espírito construtivo para abordar calquera tema que afecte os traballadores".

A ese respecto, lembrou que existe unha mesa de diálogo cos sindicatos, precisamente para abordar a organización do traballo e a mellora dos postos no sistema 2, onde aumentou o volúmen de produción "co recente lanzamento dos vehículos comerciais lixeiros".

A dirección da planta apelou á "implicación e responsabilidade" de todas as partes ante o momento de "profunda transformación" que vive a automoción en Europa, con "impactos aínda incertos" como os cambios de usos, a descarbonización ou os cambios de modelo de negocio.

Con todo, reafirmou o seu "total compromiso co diálogo social", como vía para xestionar eses cambios, "e nunca a través do conflito".

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE