Vigo volverase multicolor o próximo 12 de maio

A ‘Holi Life’ deste ano terá ao morada como cor protagonista para sumarse á loita contra a violencia machista.


|

A ‘Holi Life’ deste ano terá ao morada como cor protagonista para sumarse á loita contra a violencia machista.


Rolda de prensa Holi Life Vigo 2019 (1)


O domingo 12 de maio unha choiva de cores tinguirá a cidade de Vigo. A sexta edición da ‘Holi Life’ viguesa volverá a colorear as rúas da cidade e aos participantes da proba de cinco quilómetros nunha edición onde o morado será o protagonista.


A carreira súmase desta forma á loita contra a violencia machista, onde os puntos de cor a cada quilómetro son o gran aliciente deste evento lúdico-deportivo, que foi presentado pola directora da organización Noemí Latorre e polo alcalde da cidade olívica, Abel Caballero.


O percorrido da carreira arrincará en Avenida de Samil, ás 11 horas, e a meta terá lugar no mesmo punto de partida.


HOLI LAND

A gran novidade desta edición é a ‘Holi Land’, unha zona de actividades con castelos inchables, canóns de escuma de cores ou talleres de diademas, entre outras sorpresas para os máis pequenos. Ademais, o evento contará cunha zona de música e baile desde un escenario para amenizar a cita.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE