​Galicia necesita moitas máis matronas para garantir a saúde das mulleres, alerta SATSE

Como consecuencia, hai matronas que atenden á poboación de 6 concellos distintos e noutras ocasións son as mulleres as que teñen que desprazarse a outro Centro de Saúde.


|

O Sindicato de Enfermería, SATSE, denunciou, con motivo do Día Internacional da Matrona, que o noso sistema sanitario segue obtendo un “rotundo suspenso” á hora de dar resposta a todas as necesidades das mulleres no que respecta á súa saúde sexual, reprodutiva e maternal, ao contar só con 0,18 profesionais por 1.000 habitantes. En Galicia a media é mesmo máis baixa e alcanza os 0,12 profesionais por 1.000 habitantes.



Grupo de traballo de matronas sobre o cambio de modelo en Atención Primaria

Grupo de traballo sobre matronas no proceso de reforma de Atención Primaria


Ademais, segundo a central, na área de Pontevedra Norte, amortizáronse un número importante de matronas tras as xubilacións destas. Como consecuencia, hai matronas que atenden á poboación de 6 concellos distintos e noutras ocasións son as mulleres as que teñen que desprazarse a outro Centro de Saúde. Bueu, por exemplo, cunha importante demanda asistencial, só dispón de matrona 3 días á semana.


Ante esta “lamentable realidade”, SATSE considera necesario incorporar, polo menos, a 5.000 matronas e matrones ao Sistema Nacional de Saúde e así llo trasladará á persoa que asuma a responsabilidade do Ministerio de Sanidade, unha vez sexa nomeada, así como aos futuros conselleiros e conselleiras de Saúde das diferentes comunidades autónomas, tras as eleccións do próximo 26 de maio.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE