O luxo de oír a Dylan tocando as súas cancións como non son

Vale que as veces que se levanta detrás do seu piano en entre canción e canción, parece que para estirar as pernas.  É certo, pero Dylan non é só unha persoa de 78 anos, é quizais o maior mito da historia da cultura do século XX e conseguiu sobrevivir,  e non só artisticamente senón no sentido estrito da palabra. Sobrevivir mentres vía que tantos outras estrelas morrían ou eran asasinados, vítimas da fama ou, en moitos casos, engulíaos o personaxe, condenados a virar sobre se mesmos para satisfacer ás fauces do mercado.  Para sobrevivir sen converterse nunha caricatura de se mesmo, o cantautor toma certa distancia, tanto fisicamente como, mesmo, coa súa propia obra.


|

Crónica do concerto de Bob Dylan no Multiusos do Sar de Santiago de Compostela o luns 28 de abril 2019



Dylan 2019

Dylan e o seu piano, no Desert Trip 2016 | Rap_PH Wikimedia Creative Commons Attribution 2.0 Generic license


"Por que non toca as cancións como son?" queixábase unha espectadora polos corredores do Multiusos ao pouco de acabar o concerto de Bob Dylan. Supoño que Dylan toca as súas cancións como quere, da única forma que pode e o motiva despois de máis de 60 anos sobre os escenarios.


Que isto faga que moitos non recoñezan que o bis empeza con Blowing in the Wind ata que chega o refrán é evidente que lle resta tirón popular. Agora ben, se a cambio ek e a súa banda ofrecen unhas interpretacións tan brillantes como as escoitadas este luns en Santiago, merece -e moito- a pena, polo menos se o que che levou ata Sar é a música e non o mito.


Aos que se queixan, sinalarlles que Dylan si fai concesións á súa  público. Vale que nin saúda nin fala durante as case dúas horas de actuación. Vale que o máis próximo que está di borde de esenario son 7 metros. Vale que as veces que se levanta detrás do seu piano é entre canción e canción, semella que para estirar as pernas.  


É certo, pero Dylan non é só unha persoa de 78 anos, é quizais o maior mito da historia da cultura do século XX e conseguiu sobrevivir,  e non só artisticamente senón no sentido estrito da palabra. 


Sobrevivir mentres vía que tantos outras estrelas morrían ou eran asasinados, vítimas da fama ou, en moitos casos, engulíaos o personaxe, condenados a virar sobre si mesmos para satisfacer ás fauces do mercado.  


Para sobrevivir sen converterse nunha caricatura, o cantautor toma certa distancia, tanto fisicamente como, mesmo, coa súa propia obra. Faino con acerto, ás veces de modo sublime, como en esa Like Rolling Stone , famosa como unha das pezas máis enerxéticas da historia do rock e onte transformada nunha peza delicada, por momentos capaz de deter o tempo.


Concesión ao público é un repertorio como o desta xira, infestado de grandes éxitos rescatados de todas as súas etapas máis exitosas. Primeiros sesentas folkies (Blowing in the wind), a transformación rock (Highway 61 Revisited), os sanguentos setentas (Simple Twist of Fate), o alumeamento relixioso (Gotta Serve Somebody) e algúns das mellores pezas da súa spantanosas últimas décadas (Dignity,  Scarlett Town). Por tocar éxitos, mesmo abre os concertos de esta xira coa cínica Things have Changed, pola que gañou o seu único Óscar.  Claro que faltaron algúns dos seus hits, pero se en verdade quixese soliviantar ao público, non lle faltaría repertorio para facelo. 


Por último, a modo de anécdota, se vostede o que necesita é unha desconexión dixital, pague o elevado prezo dunha das entradas de primeira liña para ver a Dylan. O seu equipo de seguridade asegurarase, con moito celo, de que non toque o seu móbil. A parte de preservar a fortuna de Bob, estaranlle a facer un gran favor a vostede, sen dúbida. Peche os ollos e goce de algo diferente ao disco de sempre.





Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE