‘Facebook Estación Central’ chega a Marineda City
O centro comercial coruñés acollerá o proxecto os días 3 e 4 de maio, coa presenza do actor Tamar Novas.
O centro comercial coruñés acollerá o proxecto os días 3 e 4 de maio, coa presenza do actor Tamar Novas.
O proxecto ‘Facebook Estación Central’ chega a Galicia cunha parada de dous días no centro comercial Marineda City da Coruña. O evento, que se celebrará os días 3 e 4 de maio, busca achega á xente as novas tecnoloxías para que coñezan de primeira man as ferramentas da plataforma, ademais de escoitar as vivencias e anécdotas dos usuarios galegos da rede social.
Pero esas anécdotas non quedarán suspendidas no aire, senón que as mellores e máis curiosas formarán parte dunha peza audiovisual, que contará coa colaboración do acto compostelán Tamar Novas, famoso polos seus papeis nas series ‘Fariña’ ou ‘Alí abaixo’.
O evento estará aberto ao público o venres 3 de maio, de 12 a 22 horas, e o sábado 4 de maio, pero de 10 a 22 horas.
Escribe o teu comentario