O PSOE é o máis votado tanto en Santiago como na Coruña, onde o PACMA supera a En Marea

|

O PSOE supera amplamente ao PP nas cidades de Santiago e A Coruña, co gran trompazo de En Marea en ambas as cidades.


28A.- AV.- Villares,

Luís Villares de En Marea valorando os resultados


O Partido Socialista Obreiro Español superou cunha ampla diferenza ao PP en número de votos en A Coruña e Santiago. Na cidade herculina os socialistas obtiveron máis dun 10% de votos con respecto aos populares, mentres que na capital esa diferenza baixa ata o 4% pero mantenos por diante do PP.


Pola súa banda, En Común-Unidas Podemos queda como terceira forza en número de votos nas dúas cidades, mentres que Cidadáns, cun escano pola provincia, queda como cuarto partido nas dúas cidades coruñesas, aínda que non moi lonxe da formación morada.


TROMPAZOS E AVANCE DE VOX

Especialmente significativos son os resultados de BNG e En Marea. En Santiago de Compostela os nacionalistas quedan como quinta forza, pero Vox supera a En Marea, con máis dun 3% de diferenza.


Máis forte é a irrupción de Vox na cidade herculina. O partido liderado por Santiago Abascal adianta a BNG e En Marea no número de votos. Pero En Marea nin sequera queda como sétima forza na Coruña, senón queda mesmo por baixo de PACMA. O partido animalista, sen mellorar os datos de 2016 na cidade, logrou máis votos que a forza liderada por Luís Villares. 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal Cookies Consello editorial Publicidade
Powered by Bigpress