Os traballadores de OYSHO pronúncianse contra Inditex
A firma da compañía téxtil manifestarase o vindeiro luns 22 de abril nas inmediacións do polígono industrial de Sabón en Arteixo de 11:30 a 13:30 horas.
A firma da compañía téxtil manifestarase o vindeiro luns 22 de abril nas inmediacións do polígono industrial de Sabón en Arteixo de 11:30 a 13:30 horas.
Os traballadores de OYSHO, a través dun comunicado de UXT, sinalan que os motivos da concentración son varios. Piden en primeiro lugar “solucionar o ambiente nocivo de Teixeiro e Marineda”. “A empresa segue sen dar ningún tipo de solución a estas dúas tendas en als que se levou a cabo o protocolo de investigación e onde hai un informe sobre a mesa en l que se reflicte o estado actual dunha delas, dándonos longas continuamente”, sinala nun comunicado.
Do mesmo xeito, denuncian os novos calendarios laborais e a subida de horas, algo que afecta sensiblemente á conciliación familiar dos traballadores e as traballadoras da firma. “A empresa pide máis tardes, polo que pretende cargarse unha estrutura á que custou moito chegar a ela”, lamenta.
Así mesmo, reclama unha subida de incentivos “da que non queren oír falar” en Inditex. “Esixen moito máis coas novas xestións en tenda”, aínda que iso “non se ver reflectido no seu salario”. Ademais sinalan que nunhas tenda cóbrase unha porcentaxe e noutras non, mentres as comisións das dependentas “levan anos conxeladas”.
Por iso, pide unidade a todos os traballadores para facer ver as súas reivindicacións antes de saír á rúa “tras haber desconvocado a folga para tratar todos os puntos anteriores e seguir nas mesmas condicións que sufrimos desde que empezou a ‘non negociación’ para conseguir mellores nos nosos posto de traballo”, sentencia a nota.
Escribe o teu comentario