Os galegos alérxicos ao pole poderán estar tranquilos esta primavera

O inverno seco permite prognosticas unha primavera con niveis de pole baixos, pero a contaminación debe ser outro factor para ter en conta.


|

O inverno seco permite prognosticas unha primavera con niveis de pole baixos, pero a contaminación debe ser outro factor para ter en conta.


Alergiascamponiosjuegos


Boas noticias para os alérxicos ao pole. A primavera, unha das datas máis temidas para as persoas que padecen esta enfermidade, será menos agresiva que en anteriores ocasións para os alérxicos. O inverno, máis seco do habitual, permite prognosticar unha primavera e un verán con niveis de pole non moi altos.


Un inverno seco supón menos carga de pole no ambiente e, por tanto, menos síntomas alérxicos e máis leves, aínda que haberá que esperar a ver como avanza esta estación, sobre todo en canto aos niveis de contaminación”, expón o doutor Xullo Canabal Sanmartín, alergólogo de HM A Esperanza de Santiago de Compostela. Con todo, o Dr. Canabal advirte que este tempo seco e cálido tamén é beneficioso para a contaminación, un aspecto que podería afectar á virulencia das partículas de pole sobre as persoas alérxicas.


INVERNO DE PANOS NA MAN

A pesar da entrada da primavera, para as persoas alérxicas parece que o peor xa pasou, despois dun inverno no que se incrementaron o número de consultas polo alto nivel e pole no ambiente.


“Destacou o pole das cupresáceas, como os cipreses e as arizónicas”, afirmou o alergólogo de HM A Esperanza de Santiago. Na comunidade, as alerxias respiratorias están maiormente vinculadas ás gramíneas, daquela as malezas, especialmente en zonas costeiras, e por último o pole das árbores, con moita presenza na área metropolitana de Vigo.


O Dr. Canabal recomenda, para minimizar o impacto das alerxias, “evitar realizar actividade ao aire libre e non secar a roupa fóra en días secos e ventosos, conducir cos portelos pechados e utilizar filtros nos coches, manter as xanelas do domicilio o maior tempo posible pechadas e utilizar lentes de sol e filtros nasais”.


PREVENCIÓN

“O único tratamento que modifica o curso da enfermidade, reduce síntomas e uso de medicación segue sendo a inmunoterapia, a vacinación”, sinala o Dr. Canabal, xa que en moitos casos existen xa vacinas específicas que demostraron a súa eficacia. Con todo, o especialista lembra que “para a gran maioría dos cadros alérxicos” poden aplicarse “tratamentos sintomáticos que, baixo supervisión médica, alivian os síntomas e melloran a calidade de vida do paciente”, aínda que a súa recomendación é, en caso de sospeita de padecer algunha alerxia ou aos diagnosticados, acudir ao alergólogo e realizar un seguimento periódico

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE