Caída masiva de Whatsapp, Facebook e Instagram este domingo

As tres redes sociais sufriron unha caída masiva durante o mediodía do domingo.


|

As aplicacións WhatsApp, Facebook e Instagram restableceron os seus servizos despois de sufrir unha caída masiva este domingo a nivel global durante aproximadamente algo máis de dúas horas.


As redes sociais e o WhatsApp favorecen a aparición de casos de dependencia emocional


As tres volveron a funcionar con normalidade pasadas as 15.00 horas. A caída produciuse sobre as 12.45 horas, deixando 'desconectados' a millóns de usuarios en todo o mundo.


Con máis de 2.300 millóns de usuarios a nivel global e máis de 18 millóns en España, a máis afectada na paralización do servizo foi Facebook.


A segunda con máis volume, polo que foi a seguinte máis prexudicada, é WhatsApp, con máis de 1.500 millóns de usuarios. É a aplicación de mensaxería instantánea máis utilizada en todo o mundo e en España contabilízanse 25 millóns de usuarios.


Pola súa banda, Instagram, rede social de fotos, ten máis de 1.000 millóns de usuarios, que suman en España máis de 15 millóns.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE