Whatsapp, Facebook e Instagram volven funcionar tras unha caída de dúas horas
As tres redes sociais sufriron unha caída masiva durante o mediodía do domingo.
As aplicacións WhatsApp, Facebook e Instagram restableceron os seus servizos despois de sufrir unha caída masiva este domingo a nivel global durante aproximadamente algo máis de dúas horas.
As tres volveron a funcionar con normalidade pasadas as 15.00 horas. A caída produciuse sobre as 12.45 horas, deixando 'desconectados' a millóns de usuarios en todo o mundo.
Con máis de 2.300 millóns de usuarios a nivel global e máis de 18 millóns en España, a máis afectada na paralización do servizo foi Facebook.
A segunda con máis volume, polo que foi a seguinte máis prexudicada, é WhatsApp, con máis de 1.500 millóns de usuarios. É a aplicación de mensaxería instantánea máis utilizada en todo o mundo e en España contabilízanse 25 millóns de usuarios.
Pola súa banda, Instagram, rede social de fotos, ten máis de 1.000 millóns de usuarios, que suman en España máis de 15 millóns.
Escribe o teu comentario