(Vídeo) Así liberou a Armada Española un barco secuestrado por piratas


O Estado Maior da Defensa acaba de publicar o vídeo de como os mariñeiros do Serviola, con base en Ferrol, rescata á tripulación dun barco que levaba catro días secuestrado por piratas armados con lanzagranadas e rifles de asalto. 


|

O Estado Maior da Defensa acaba de publicar o vídeo de como os mariñeiros do Serviola, con base en Ferrol, rescatan á tripulación dun barco que levaba catro días secuestrado por piratas armados con lanzagranadas e rifles de asalto.



Serviola rescate piratas nigeria


O buque militar español 'Serviola', con base no Arsenal Militar de Ferrol, conseguiu liberar un buque de bandeira nixeriana que se atopaba secuestrado no Golfo de Guinea desde facía catro días.


A acción desenvolveuse este martes, 9 de abril, cando oun grupo de nove individuos mantiña retida á dotación, escapando do lugar cando constataron que o buque español dirixíase cara a zona na que estaba o barco civil.


A través dun comunicado, a Armada asegura que a dotación do 'Serviola' detectou un comportamento atípico, xa que ao parecer desde o mercante non se contestaba aos seus requirimentos por radio, ao mesmo tempo que a dotación "divisou unha embarcación de pequeno porte nas súas proximidades", polo que se procedeu a poñer rumbo cara a súa posición, para investigar as causas da anomalía.


Durante o achegamento o patrulleiro 'Serviola' comprobou que a embarcación de pequeno porte fuxía da zona a gran velocidade.


Nese instante o capitán do buque mercante informou que foran secuestrados facía catro días, e que tanto o rápido achegamento como as continuas chamadas do patrulleiro fixeran fuxir aos piratas.


ARMADOS

O grupo de piratas estaba formado por nove individuos armados con fusís AK-47, coñecidos popularmente como "Kalashnikov" e lanza granadas.


O capitán manifestou que inicialmente e durante a aproximación do patrulleiro, non puido contestar as chamadas ao atoparse coaccionado polos piratas, quen lle apuntaba coas súas armas.


Durante o tempo en que estiveron secuestrados os piratas subtraeron o diñeiro e todos os obxectos de valor da súa dotación, composta por doce homes de nacionalidade nixeriana, ademais de gran parte dos víveres.


Despois de fornecer víveres e bebida á dotación para unha xornada completa, o "Serviola" continuou a súa patrulla mentres o buque liberado poñía rumbo directo ao porto de Lagos (Nixeria).






Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE