Vixiantes de seguridade privada alertan que un centro comercial é "un imán para os cacos"

Os catro principais sindicatos de seguridade privada en Galicia (UXT, USO, CIG e CCOO) denuncian que o Parque Oleiros é "un imán para os cacos". Os representantes dos traballadores critican que se suprima "a seguridade física nunha área comercial en despoblada e cunhas medidas de seguridade pasivas deficitarias".


|

Os catro principais sindicatos de seguridade privada en Galicia (UXT, USO, CIG e CCOO) denuncian que o Parque Oleiros é "un imán para os cacos". Os representantes dos traballadores critican que se suprima "a seguridade física nunha área comercial en despoblada e cunhas medidas de seguridade pasivas deficitarias".



Parque oleiros rafa freije youtube

Parque Oleiros | Rafa Feije Youtube


As centrais relatan que desde onte a área quedou "sen ningún tipo de vixilancia" porque os xestores rescindiron o contrato á compañía que prestaba o servizo, Ombuds.


Por agora, a xerencia deste parque de comercios próximo a Coruña non respondeu ás afirmacións dos operarios nin confirmou a contratación de ningunha outra compañía.


O asunto ten un transfondo laboral. "Nun principio, os cinco vixiantes de seguridade adscritos ao servizo recibiran cartas de subrogación da cesante OMBUDS informándoos de que pasaban a unha nova adxudicataria a partir do 1 de Abril, feito que ao decatarse de que non se ía a producir xa que o que se pretendía por parte da Xerencia era suprimir o servizo", explican os sindicatos. UXT, USO, CIG e CCOO adiantan que preparan unha denuncia contra o parque e a empresa de seguridade en defensa dos traballadores, que foron ao paro. 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE