Iago Aspas reconquista un partido perdido

O de Moaña, cun dobrete, dá a volta a un partido que o Celta perdía 0-2 ao descanso. Maxi Gómez fixo o outro tanto celeste.


|

O de Moaña, cun dobrete, dá a volta a un partido que o Celta perdía 0-2 ao descanso. Maxi Gómez fixo o outro tanto celeste.


Aspas chora

Aspas celebra o 1-2 / Foto: RC Celta


Sangue, suor e bágoas. Moitas bágoas derramáronse hoxe sobre lle verde de Balaidos nunha desas vitorias que sintan precedente, que se contan cun “eu estaba aí” e que serven de salvavidas para todos aqueles que perderan a fe neste Celta de Vigo. A vitoria por 3-2 ao Vilarreal insufla novos ánimos aos vigueses, que quedan a só un punto da salvación, que volven ver porta catro partidos despois e que teñen por fin ao pai, ao fillo e ao espírito santo de novo vestido de curto para obrar o milagre da permanencia: Iago Aspas.


O encontro tivo dous partes claramente diferenciadas. A primeira, onde a zaga celeste non deu pé con bóla. Desastrosa, como leva sendo toda a tempada, a defensa do Celta concedeu dous goles que puxeron ao Vilarreal cunha vantaxe de dúas tantos ao descanso: primeiro co gol de Ekambi aos dez minutos, tras un córner mal defendido e unha segunda xogada na que o Celta permitiu a Mario Gaspar chegar ata liña de fondo para servir en boca de gol o coiro ao camerunés; logo cun contragolpe no que Pedraza vapuleó á toda a liña defensiva. Só ían quince minutos de partido e Rubén encargouse de manter á boia aos seus ata o descanso.


A reacción do Celta chegou tras o paso por vestiarios, cando o equipo atopábase xa a sete puntos da salvación. E chegou en forma de libre directo, botado por Iago Aspas, o auténtico heroe da xornada. A zurda do de Moaña puxo no ángulo o esférico para facer o 1-2 no minuto 50.


A partir de aí, o Celta empezou a crer na remontada, do mesmo xeito que a bancada que comezou a empuxar e a alentar. Os galegos dispuesieron de varias oportunidades, pero o acerto de Asenjo e os desacertos de Boufal privaron aos locais do empate. Tivo que ser Olaza, a feliz sorpresa deste partido porque o uruguaio, ademais de debutar, callou un sensacional partido o tempo que lle durou a gasolina, puxo un gran centro ao corazón da área que cabeceou Maxi Gómez ao interior da rede, rompendo a súa seca goleadora que lle duraba desde o choque ante o Raio Vallecano no mes de xaneiro. O charrúa renaceu con Aspas á súa beira.


Tras isto, o cadro olívico foi a por todas e Brais rozou o gol cun tiro que só un superlativo Asenjo soubo atallar. Pero era tarde de milagres e o empuxe do Celta chegou no minuto 86, cando Víctor Ruíz cometeu un penalti catedralicio que tivo todo o suspense do mundo porque nun primeiro momento o VAR revisouno por se Aspas estaba en fóra de xogo. Unha vez comprobada a pena máxima, ‘O Cid de Moaña’ asumiu a responsabilidade e enfilou o punto de penalti. Non foi a súa mellor execución, pero foi certeira e puxo o 3-2 no marcador.


Un festexo inesquecible e a partir de aí nervios, emocións e as bágoas de Aspas no banco, ata que o asubío final desatou toda a euforia contida dun Iago que, como dixo ante os micros, só el e a súa familia saben o que pasaron. Pero afortunadamente iso xa é historia. Como este partido, digno de contar aos netos. 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE