Libera chama a actuar contra un suposto criadeiro irregular de cans
Libera asegura ter constancia de que "o penso estaría mesturado coas propias feces dos animais nun saco"
Libera asegura ter constancia de que "o penso estaría mesturado coas propias feces dos animais nun saco".
A asociación animalista Libera instou a a Xunta e ao Concello de Celanova (Ourense) a actuar ante a situación dun suposto criadeiro irregular de cans neste municipio.
Nun comunicado, esta asociación avisa de que nou existe constancia do rexistro legal deste criadeiro neste concello, á vez que alerta de que veciños denuncian desde o pasado mes de febreiro o estado duns caniles "en cuestionables condicións hixiénico-sanitarias".
Así mesmo, Libera asegura recibiu fotografías e vídeos nos que se observan que "o penso estaría mesturado coas propias feces dos animais nun saco", así como "no interior das gaiolas", con condicións hixiénicas "cando menos cuestionables".
Ademais, relaciona a este criadeiro cunha "coñecida páxina web de compravenda e intercambio" de animais que non cumpre cos requisitos da normativa autonómica.
Escribe o teu comentario