O videoclip máis apocalíptico de Dios Ke Te Crew

O grupo ordense presenta ‘Melancolía’, o seu novo videoclip despois da publicación de 'Silenciø'.


|

O grupo ordense presenta ‘Melancolía’, o seu novo videoclip despois da publicación de 'Silenciø'.


Divos Ke Che Crew videoclip


“Creo que a conciencia humana é un tráxico erro da evolución”. Así arrinca o novo videoclip de Dios Ke Te Crew, o transgresor grupo de rap galego que, que despois de anos de inactividade volve para facer as delicias dos seus seguidores con ‘O Ciclo da Serpe’. Se hai uns meses puidemos ver o videoclip do tema ‘Silenciø’, agora o grupo ordense volve sorprender con ‘Melancolía’, o seu segundo adianto.


‘Melancolía’ é un tema salpicado de frases da serie ' True Detective', como o monologo do detective Rush Cohle interpretado por Matthew McConaughey, onde Sokram, Møu, e Jamas sacan toda a súa rabia para reflectir unha humanidade que pende dun fío nun mundo enfermo. Todo sobre unha base de Dj Murdock.


No tema, con ecos que lembran a ‘Profecía’tanto pola temática como pola crueza das súas letras, exponse os posibles finais da raza humana. Un terremoto? Un volcán? Ou Donald Trump? Dios Ke Te Crew, como sempre, deixa máis preguntas para reflexionar que respostas.



Quen é? De onde vés? A onde vas? / Son tres as preguntas que che fas, / se tes algo para merendar, se non nada... / As dúbidas mellor ca bandullo saciado” O que é seguro é que non fai falta ir a Gargantúa para saber que estes “ghamberros” seguen en plena forma.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE