A Ría de Arousa coroará ao novo ‘Aquaman’

O 57 km en augas abertas da proba ‘Tripla Coroa Illas Atlánticas’ é un dos retos máis esixentes da natación en España.


|

O 57 km en augas abertas da proba ‘Tripla Coroa Illas Atlánticas’ é un dos retos máis esixentes da natación en España.


Sergio Torres


Se no tríatlon ten o Ironman, a natación ten a ‘Tripla Coroa Illas Atlánticas’, unha especie de Ironman da auga. Mellor dito un Aquaman. Porque hai que ser descendente do deus Tritón para poder cubrir as quilométricas distancias que os 170 nadadores tentarán completar para superar este reto de ultrafondo.


Os nadadores percorrerán as augas da Ría de Arousa e o 19 km que separan as illas de Sálvora e O Grove nunha das probas máis duras de España, pola distancia e as dificultades do medio: temperatura da auga baixa, correntes en contra, vento, ondada…todo un reto para os nadadores máis experimentados.


Mapa tres percorridos


O prazo de inscrición abre o próximo 2 de abril para aqueles nadadores que completaron a primeira proba o ano pasado entre as Illas Cíes e Baiona, de 15km de distancia. O día 5 de abril abrirase o prazo para o resto de interesados. En total son 170 prazas, que permanecerán abertas ata o 1 de agosto ou ata que se completen as mesmas. 


A proba, que conta cun gran despregamento de seguridade, encara a súa segunda edición nunha competición que vai de 2018 a 2020, con tres probas, as xa citadas de 15 e 19 km, e un Everest final de 23 km a nado, de Ons a Combarro. Así, o evento está a se consolidar como un referente a nivel nacional e internacional no calendario de natación en augas abertas. 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE