Gómez Noya irá a por todas no mundial que se disputará en Pontevedra e que atraerá 4.000 deportistas

"Se este Mundial fose en calquera outro lugar non o competiría. O meu adestramento é agora moi diferente, pero é a miña cidade e quero tentar loitar pola vitoria"


|

O triatleta Javier Gómez Noya felicitouse por disputar en casa o Campionato do Mundo Multideporte de Pontevedra, do 27 de abril ao 5 de maio, que reunirá aos mellores especialistas de Dúatlon, Acuatlón, Tríatlon Cros, Aquabike e Tríatlon longa distancia e onde buscará o triunfo como en cada competición na que participa.


Noya

"Para min é un luxo competir en casa. Gardo moi bo recordo de todas as experiencias que tiven competindo en Pontevedra e seguro que será un gran espectáculo. Animo a todo o mundo a que se achegue a vernos. Se eu non competise, tampouco mo perdería como espectador", comentou na presentación do patrocinio de Banco Santander como 'Title Patrocinador' do campionato en conexión directa desde Nova Zelandia.

Javier Gómez Noya, que cumpre este luns 36 anos, confesou que emocionalmente competir en Pontevedra "é algo moi bonito, e máis nunha cidade que se envorca sempre co deporte".

"Se este Mundial fose en calquera outro lugar non o competiría. O meu adestramento é agora moi diferente, pero é a miña cidade e quero tentar loitar pola vitoria. Como en todas as carreiras ás que saio, eu sempre saio a gañar. É un obxectivo complicado, unha distancia sobre a que non competín nunca, fixen máis curtas e máis longas, pero espero ser capaz de render a un bo nivel", dixo o pentacampeón do mundo.

O alcalde Miguel Anxo Fernández Lores dixo que este Mundial supón unha axuda "moi importante non só para Pontevedra senón tamén para Galicia". "Imos contar con 4.000 deportistas de todo o mundo e iso implica un esforzo grandísimo de organización e económico ", indicou. 



Gomeznoya5mundiais

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE