Esther Pedrosa, subcampioa do mundo nos 3.000 metros

A santiaguesa acaba de alzarse coa prata nos Mundiais Máster de Pista Cuberta celebrados en Polonia.


|

A santiaguesa acaba de alzarse coa prata nos Mundiais Máster de Pista Cuberta celebrados en Polonia.


Foto Esther Pedrosa


A santiaguesa Esther Pedrosa xa atesoura un novo galardón no seu xa de seu excelso palmarés. A atleta acaba de proclamarse nova subcampioa do mundo nos 3.000 metros en pista cuberta nos VIII Mundiais Máster de Torun, Polonia. Unha prata que para a galega sabe a ouro porque, como admitía, “era moi difícil gañar porque a inglesa (Clare Elms, ouro) tiña a mellor marca do campionato”.


A pesar deste magnífico resultado, a fondista non está satisfeita, polo que agora márcase como seguinte obxectivo a proba de Cros de 8 km, que se disputa hoxe mesmo en Torun, mentres que a próxima fin de semana pelexará por unha nova presea nos 500 metros en pista cuberta.


Pero para Pedrosa esta proba non é nada comparado cos retos que lle chegan no futuro, concretamente en maio. A deportista está na lista de Xosé Antonio Sánchez Bugallo na candidatura municipal socialista á alcaldía de Santiago de Compostela. “Estamos encantados de que con este triunfo Santiago sexa de novo unha referencia no mundo do deporte”, afirmou o candidato socialista. A politica si parece que será unha verdadeira carreira de fondo. E seguro que con obstaculos. 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE