BOSCH Vigo anuncia un paro de 24 horas en protesta polo ERTE

O comité de empresa do 'call center' de Bosch en Vigo convocou unha xornada de paro de 24 horas para o vindeiro mércores, para mostrar o seu rexeitamento á aplicación dun expediente de regulación de emprego temporal que afecta a 540 traballadores.

|

O comité de empresa do 'call center' de Bosch en Vigo convocou unha xornada de paro de 24 horas para o vindeiro mércores, para mostrar o seu rexeitamento á aplicación dun expediente de regulación de emprego temporal que afecta a 540 traballadores.


Bosch empresa


Así o anunciou a CIG, sindicato maioritario entre o persoal, quen avanzou que, nesa xornada de folga, celebraranse concentracións de protesta fronte aos centros de traballo da Avenida de Madrid (de 11,30 a 12,30 horas) e de cálea María Berdiales (de 13,15 a 14,15 horas).


A CIG lembrou que a empresa está a aplicar, desde febreiro, un ERTE que afecta a 540 empregados, e xa despediu a outros 200 operarios que foran contratados a través de ETT. Segundo a central sindical, o expediente está a executarse tras un período de consultas no que a documentación entregada "foi insuficiente" e no que "nunca houbo ningún interese en chegar a un acordo".


A ese respecto, o sindicato denunciou que "o único obxectivo" de Bosch é trasladar ao seu persoal as consecuencias económicas da súa "mala xestión", e incidiu en que tanto Bosch como Vodafone "forman parte do macabro xogo da globalización capitalista". "Vodafone toma a decisión de deslocalizar a carga de traballo e Bosch traslada as consecuencias desa decisión aos traballadores".


Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE