Arxentina e Uruguai aprenden a cooperar seguindo o modelo do Eixo Atlántico
Vázquez Mao durante unha das actividades de formaciónXoán Vázquez Mao,secretario do Eixo Atlántico; a directora de Estratexia Europea da entidade, Marta Cabanas Cal e responsables do equipo de redacción da Axenda Urbana do Eixo Atlántico visitaron a fronteira de Arxentina con Paraguai convidados pola Fundación Iberoamericana para o Desenvolvemento Sustentable.Durante tres días, impartiron formación sobre o modelo de cooperación entre estados aplicado a este lado do Atlántico.
Asesorar aos estados de América do Sur sobre o éxito da cooperación transfronteiriza entre Galicia e Portugal. Este é o obxectivo principal da misión que ten en marcha en Eixo Atlántico en Arxentina e Paraguai.
Vázquez Mao durante unha das actividades de formación
Xoán Vázquez Mao, secretario do Eixo Atlántico; a directora de Estratexia Europea da entidade, Marta Cabanas Cal e responsables do equipo de redacción da Axenda Urbana do Eixo Atlántico visitaron a fronteira de Arxentina con Paraguai convidados pola Fundación Iberoamericana para o Desenvolvemento Sustentable.
Durante tres días, impartiron formación sobre o modelo de cooperación entre estados aplicado a este lado do Atlántico. En concreto, centráronse na Axenda Urbana, recoñecida pola Comisión Europea como a primeira transfronteiriza de Europa, e que suscitou interese na fronteira arxentina-uruguaia. Por iso, a Fundación Iberoamericana, antes citada, solicitou o asesoramento do Eixo Atlántico.
Escribe o teu comentario