‘R’ reforza o seu compromiso co deporte galego en ‘Tecnoloxía e deporte’
As charlas, organizadas conxuntamente pola operadora con CINFO e a Xunta, contaron con representantes do Deportivo da Coruña e o Mombus Obradoiro.
As charlas, organizadas conxuntamente pola operadora con CINFO e a Xunta, contaron con representantes do Deportivo da Coruña e o Mombus Obradoiro.
A operadora de telecomounicaciones ‘R’ organizou as charlas ‘Teconloxía e deporte’ xunto con CINFO e a Xunta de Galicia. Nelas, abordouse desde múltiples perspectivas as vantaxes e posibilidades da innovación tecnolóxica dentro do deporte en Galicia.
A xornada contou con representantes de dúas dos clubs máis importantes do deporte galego: o Deportivo da Coruña de fútbol e o Mombus Obradoiro de baloncesto. Ambos reflexionaron sobre as posibilidades que ofrece a tecnoloxía e sobre como sacarlle o máximo partido. Ademais, o evento contou coa presenza de especialistas na aplicación de tecnoloxías deportivas e con empresas de produtos innovadores para clubs e federacións.
Así, Gabriel Barros, portavoz do Deportivo, explicou que “a aplicación da tecnoloxía será o motor do maior salto económico e social do deporte nestes anos ao converterse nun elemento máis da industria do lecer e o entretemento”. Na mesma liña expresouse Gonzalo R. Palmeiro, membro do corpo técnico do Obradoiro, que falou do caso de éxito deste equipo no uso das novas tecnoloxías aplicadas ao baloncesto profesional.
O evento tamén contou coa participación de Alfredo Ramos, Director Xeral de ‘R’, que aproveitou para destacar o acto como unha “cita coa innovación e co deporte para crear novos camiños de colaboración e de progreso, para modernizar a contorna deportiva e sacarlle todo o proveito ás innumerables potencialidades dos recursos tecnolóxicos de que dispoñemos a día de hoxe”, ademais de Alberto Díaz, responsable de Transformación Dixital da operadora. “R aposta de forma clara pola tecnoloxía no deporte, con servizos que van axudar aos clubs para dixitalizarse”, comentou, facendo fincapé no servizo multicámara de R.
Iván Caravel, xerente da Fundación Deporte Galego, Antonio Rodríguez do Curral, CEO de CINFO, Leonor Gallardo, doutora en Ciencias do Deporte, e José Ramón Lete, Secretario Xeral para ou Deporte, tamén interviñeron na xornada, que tamén verso sobre aspectos como os dereitos audiovisuais ou as tecnoloxías emerxentes e a súa aplicación ao deporte.
Escribe o teu comentario