Apresado o presunto autor do tiroteo mortal en Holanda
As forzas de seguridade holandesas detiveron ao autor do atentado mortal contra un tranvía de Utrecht que se saldou con polo menos tres mortos e varias persoas feridas.
Trátase de Gökmen Tanis, de 37 anos e orixe turca, que fuxiu despois de abrir fogo sobre as 10.45 horas a unha estación de tranvía de Utrecht.
"Temos en conta o móbil terrorista, pero non podemos excluír outros motivos", dixo o portavoz da Fiscalía, de acordo coa cadea holandesa NOS.
"Tamén podería ser un crime sobre o ao redor das relacións persoais", apuntara horas antes o portavoz policial Bernard Jens.
"Rexistrouse un tiroteo na praza 24 Oktoberplein de Utrecht. O incidente tivo lugar ás 10.45 horas. Varias persoas resultaron feridas", asegurou a policía dos Países Baixos nunha mensaxe publicada na súa conta de Twitter.
Inmediatamente despois dos feitos, a policía puxo en marcha un operativo con varios axentes da unidade antiterrorista para deter o responsable do tiroteo.
Ata o lugar dos feitos desprazáronse varias ambulancias e o servizo médico enviou tres helicópteros para evacuar aos feridos máis graves aos hospitais.
Escribe o teu comentario