O Celta empeza a botar as contas da leiteira

Ao Celta de Vigo quedan dez xornadas para salvar a vida e xa empeza a botar contas.


|

Ao Celta de Vigo quedan dez xornadas para salvar a vida e xa empeza a botar contas.


Aficion balaidos celta vigo liga 2018 2019

A afección prepárase para dez xornadas decisivas / Foto: RC Celta


Xornada para esquecer en Vigo. Non tanto polo resultado cultivado no Bernabéu, previsible tanto polo rival como por todo o que rodeou ao encontro os días previos co regreso de Zidane á ‘Casa Branca’, senón polo feito de que todos os seus rivais directos sumaron puntos. Vilarreal e Real Valladolid gañaron os seus partidos e deixan ao cadro vigués a catro puntos da tan ansiada permanencia. Así as cousas, o Celta xa non só non depende de si mesmo, senón que necesita de dúas carambolas para poder saír do pozo.


COA MIRADA NO CALENDARIO

A falta de dez xornadas para que conclúa o campionato, non son poucos os afeccionados celestes que empezan a botar as contas da leiteira para saber as posibilidades que ten o cadro galego para salvarse. A favor contan con que, tras o parón de seleccións, Escribá xa coñecerá máis en profundidade ao seu persoal e poderán volver ver a Iago Aspas vestido de curto. O problema é que agora xa non é só cuestión de non fallar o Celta e que fallen os demais, senón que iso ten que darse en polo menos dúas xornadas.


Dos dez duelos que quedan ao Celta, polo menos a metade deles son ante rivais da súa mesma liga. O primeiro Torumalet escalarao tras o parón ligueiro, con dous duelos en apenas catro días ante Vilarreal, en Balaidos, e Huesca, no Alcoraz. Estes dous equipos demostraron nas últimas semanas ser máis competitivos que o equipo celtiña, pero na primeira volta ningún dos dous puido derrotar aos galegos.


Tras iso, virán dous choques seguidos contra rivais instalados na loita por Europa como son o Atlético de Madrid e a Real Sociedade. Pero o máis duro sucederá en cuestión de só sete días: recibir ao Xirona o día 21 de abril, viaxar a Cornellá o 24 para medirse ao Espanyol e voo a Butarque para xogar ante o Leganés o día 28. Tres rivais que a día de hoxe suman 34 puntos os dous cataláns e 33 o conxunto pepinero, e que polo momento seguen sumidos na pelexa pola salvación. Quizá para entón algún se descolgou ou manteña o man a man co Celta


E, para acabar, tocará recibir ao Barcelona, que tal e como marcha a liga podería chegar a Balaidos como campión e por tanto cos deberes feitos (algo que espera o Celta para que crezan as posibilidades de rabuñar algún punto ante a escuadra azulgrana), visitar San Mamés e pechar o campionato ante o Raio Vallecano, o equipo que agora ocupa a penúltima posición, dous puntos por encima dos celestes.


Para lograr a permanencia hai que superar eses dez obstáculos. Polo menos, a maioría deles. Pero antes de correr, hai que empezar a correr hai que empezar a camiñar: o Celta leva xa catro xornadas sen facer gol, Maxi só marcou un gol en 2019, encaixou once goles no últimos seis duelos…Moito traballo para Fran Escribá e os seus pupilos. O reto é maiúsculo. A Primeira División, pero sobre todo a afección celtiña, ben merecen o esforzo.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE