Renfe anima aos seus pasaxeiros a apoiar a integración das persoas con Síndrome de Down
O Día Mundial da Síndrome de Down celébrase en todo o mundo o próximo 21 de marzo, como cada ano. A operadora pública Renfe axudará a visibilizar esta síndrome a través dun novo acordo coa Federación Galega de Institucións para a síndrome de Down.

Así, a empresa vestirá os seus asentos con repousacabezas ad hoc . "Somos capaces de estudar e traballar en colexios e empresas, permite a nosa inclusión" e "Podemos chegar a unha vida autónoma e independente, dános o teu apoio" son os eslóganes que se poderán ler nos repousacabezas.
En total, serán máis de 2.000 os que se colocarán nos trens que cobren o Servizo Público de Galicia e circulan polo Corredor Atlántico, tanto na data sinalada como durante os días previos e posteriores.
SOBRE DOWN GALICIA
Fundada en 1998, Down Galicia ten como obxectivo prioritario conseguir que as persoas con síndrome de Down e outras discapacidades intelectuais alcancen a máxima capacidade posible para levar unha vida autónoma, tomar as súas propias decisións e formar parte da sociedade dunha forma visible e inclusiva.
Down Vigo, Down Pontevedra “Xuntos”, “Teima” Down Ferrol, Down Lugo, Fundación Down Compostela, Down Coruña e Down Ourense son as entidades que colaboran na Federación.
Escribe o teu comentario