O protagonista das Letras Galegas 2019 conta cunha nova biografía
‘Anton Fraguas. Mestre da memoria’, da Editorial Galaxia e escrito por Malores Villanueva, fai un repaso á vida e obra do homenaxeado.
‘Anton Fraguas. Mestre da memoria’, da Editorial Galaxia e escrito por Malores Villanueva, fai un repaso á vida e obra do homenaxeado.
O protagonista do Día dás Letras Galegas 2019 terá proximamente nas librerías unha nova biografía. A Editorial Galaxia, na súa colección anual Letras Galegas, é a encargada de achegar aos lectores ao escritor homenaxeado o próximo 17 de maio na biografía ‘Antonio Fraguas. Mestre da memoria’ escrita pola profesora e editora Malores Villanueva.
Antonio Fraguas (Cotobade, 1905 – Santiago de Compostela, 1999) é o escritor ao que este ano se lle dedica o día das letras e a cultura galega. Profesor, etnógrafo, xeógrafo, historiador, galeguista…Fraguas foi un personaxe tremendamente vinculado á historia e á cultura do país. Membro do Seminario de Estudos Galegos, das Irmandades dá Fala ou do Partido Galeguista, a biografía de Fraguas é unha mostra do seu compromiso con Galicia, do seu ideario político e dos fitos da súa vida e obra.
Malores Villanueva, tamén de Cotobade como o homenaxeado, escribe unha biografía chea de anécdotas, cun estilo áxil que non está rifado co rigor documental. Nela, faise un percorrido ao S.XX e aos momentos que marcaron a vida do escritor, como os seus anos dedicados á docencia, a súa etapa como director do Museo do Pobo Galego ou os seus primeiros pasos na radio e o cinema.
Escribe o teu comentario