Díaz advirte que o grupo de En Marea no Parlamento pode romper se non hai lista común para o #28A

Asegura que o portavoz de En Marea "empeñouse" en converter un espazo de confluencia en "unha vella ferramenta política"

|

A deputada e militante de Esquerda Unida lémbralle a Villares que non ten maioría no grupo do Pazo do Hórreo



A deputada de En Marea no Congreso Yolanda Díaz, pertencente a Esquerda Unida, emprazou ao portavoz de En Marea, Luís Villares, a que diga "claramente" se quere "a unidade" con Podemos, Esquerda Unida e Anova, e asegurou que esta semana "decidirá o seu futuro", no cal non descarta abandonar a primeira liña política.


Yolanda Díaz empraza a Villares a que aclare se quere .

Así o sinalou Díaz este domingo nunha entrevista na Cadea Ser recollida por Europa Press, na cal se mostrou "optimista" porque, ao seu xuízo, "non hai desculpa" para non pechar unha única lista.

"Son consciente de que está a haber reunións con Luís Villares pero, tamén, o que se me fai chegar é que el, polo de agora, non quere achegamentos", subliñou a deputada.

A pesar de que este venres, 15 de marzo, finaliza o prazo para a presentación das candidaturas ás eleccións do 28M e de que leste mesmo domingo En Marea conclúe as votacións das súas primarias para as xerais, Díaz reiterou a súa petición a Villares para "sumar" e non "restar".

"POUCAS DIFERENZAS"
Así, asegurou que "ninguén en Galicia entendería" que non chegasen a un acordo a pesar das "poucas diferenzas que teñen". "Non penso o mesmo que Antón Gómez-Reino, nin que Martiño Noriega nin que Antón Sánchez nin que Eva Solla, pero iso é estupendo. Somos diversas, plurais, representamos a unha Galicia nova, que ten que ser feminista, que ten que ter alegría e vertebrar a esperanza. Bo, pois para iso hai que sumar", destacou.

Con ou sen o partido instrumental, Díaz indicou que ten "claro" que en Galicia "vai haber unidade popular como en 2015 e 2016", unha unidade que "quere alargar" incluíndo ás mareas municipalistas e á formación que lidera Villares.

A deputada fixo balance da traxectoria deste espazo nado da creación en 2012 de AGE como coalición, da que mesmo Pablo Igrexas "bebe". "Despois xorde o partido que, en teoría, era un espazo de confluencia común e que Villares empeñouse en converter nunha vella ferramenta política", criticou.

"Nós respectamos ese partido e como o respectamos queremos que se some, tendo diferenzas evidentes, pero cremos que para derrotar mañá ao presidente de la Xunta, Alberto Núñez Feijóo, é imprescindible ir unidas", engadiu.

Ademais, Díaz lembrou que Villares só conta co apoio de catro deputados no Parlamento de Galicia mentres que a coalición Podemos-Anova-Esquerda Unida suma dez. "É fácil prever o que pode pasar e dígoo con bastante tristeza; creo que hai que ter audacia e altura de miras. Ninguén o entendería", lamentou.

FUTURO POLÍTICO
Preguntada sobre o seu futuro político, Yolanda Díaz asegurou que esta semana decidirá que fará. "Non é fácil e dígoo con franqueza; creo que fixen un traballo colectivamente relevante no Congreso. Fun moi feliz porque tiven a posibilidade de facer leis moi importantes, pioneiras, como a Lei de Igualdade Retributiva. Estou moi orgullosa, pero estar en Madrid cunha filla que esta semana cumpre 7 anos é moi complicado", apuntou.

Neste sentido, admitiu que "perfectamente" podería deixar a primeira liña política. "Creo que a política se fai desde moitos sitios. Facíaa antes desde o colexio de avogados, fíxena sempre, nacín nunha casa política e creo que a política debemos facela os cidadáns desde calquera punto de vista", engadiu.

Ademais, insistiu en que a decisión aínda non está tomada pero que hai un "factor persoal que pesa moito". "Cada día fáiseme máis complicado estar en Madrid e levo mal non poder estar coa miña filla", asegurou.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE