Aberto o prazo de axudas a familias para contratar coidadores para os seus fillos
A Xunta abrirá este sábado o prazo para que as familias poidan solicitar o 'Bono Coidado', unha axuda directa para contratar de forma puntual a unha persoa coidadora dos seus fillos en supostos puntuais como enfermidade do pequeno.
Segundo informa a Consellería de Política Social, o Diario Oficial de Galicia (DOG) publica este venres a nova convocatoria deste programa implantado en 2016 e que presenta como principal novidade que os pais e nais poidan destinar a axuda para pagar un servizo de atención non continuado normativamente habilitado, como poden ser as ludotecas.
Estas axudas contarán con un orzamento inicial de 1,2 millóns de euros e poderán beneficiarse delas persoas residentes en Galicia, con nenos menores de doce anos e con rendas familiares que non supere os 45.000 euros ou os 13.500 per cápita.
En concreto, subvencionarase un máximo de 80 horas por familia no período comprendido entre o 1 de outubro de 2018 e o 30 de novembro de 2019. As horas increméntase así un 15 por cento por neno.
Escribe o teu comentario